Atendendo a
convocatoria da Agencia Turismo de Galicia para Axencia
Turismo de Galicia, RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen
as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do
programa “O teu Xacobeo” a
Asociación Amigos do Camiño Portugués a Santiago
PRESENTA
O PROXECTO
“O CAMIÑO E OS ESPAZOS NATURAIS PARA NENOS E NENAS”
MEMORIA
1.-
Limiar
2.-
Obxectivos
3.-
Contidos
4.-
Planificación e participantes
4.-
Actividades
5.-
Temporalización
6.-
Seguimento e evaluación
7.-
Actos de Clausura
Limiar
Nos albores dun Novo Ano Santo e
aínda co recordo do son das “marteladas”, que o Arcebispo de Santiago deu na
apertura da Porta Santa ou Porta da Gran Perdoanza do ano 2010, e atendendo a
convocatoria de axudas feita pola Axencia de Turismo da Xunta de Galicia para a dinamización do Xacobeo 2021 ou Ano
Santo Compostelan 2021 a Asociación Amigos do Camiño Porugués a Santiago coa
estimable colaboración da Socioedad Española da Camelia,e da Estación
Fitopatolóxica Areiro todas sediadas en
Pontevedra, presenta un proxecto baseado como non podia ser de outro xeito, no Camiño Portugues de Santiago, e
seguindo na súa linea de traballo que comezou no Xacobe do 93, faino lenvando o
Camiño caro o futuro, e ese futuro non e outro que os nosos nenos e nenas, por
iso titulamos este Proxecto como “O Camiño e os espazos naturais para nenos e
nenas”.
O Amigos do Camiño Portugués temos a
seguridade que os nenos que viven e estudan nos Concellos a carón do Camiño Portugués, ademais de conocer, senón todo, unha pequena
parte do Camiño, poderán recrear a súa vista nas paisaxes e nos espazos
naturais onde a cor e a luz son as súas características principais e descansar
contemplando a Catedral de Tui ou o Santuario da Virxe Peregrina en Pontevedra
así como nalgunha das igrexas, capelas, cruceiros ou pontes milenarias que
balizan o Camiño Portugués pero tamén descubrirán os valores do Camiño e
poderán compartir cos seus compañeiros e profesores a inesquecible experiencia
de “facer o Camiño”.
Bo Camiño
Obxectivos
1.- Dar a coñecer o Camiño de
Santiago especialmente o Camiño Portugués a Santiago nalguns Colexios da traza do Camiño Portugués facendo fincapé no seu Patrimonio -tanto artístico
como natural-,como na sua Historia e no
seu futuro.-especialmente a do Camiño Portugués-
2.- Facer un percorrido polos distintos
Camiños de Santiago en Galicia.
3.- Promover o respecto e a amizade entre os diferentes
nenos e nenas da clase, independentemente das súas características persoais.
4.- Establecer un diálogo no que se destacan as actitudes que
favorecen a solidariedade e a Paz como
simbolos inequivocos da Convivencia e dos Valores do Camiño.
5.- Deselvolver actitudes como a solidariedade, a tolerancia, o
respecto, a liberdade, a seguridade, a xustiza ea igualdade entre os nenos e
nenas.
6.- Recoñecer o Camiño como lugar de
paso dos peregrinos a Santiago.
7.- Coñecer os factores que influíron
no trazado deste Camiño
8.- Identificar
os principaís elementos socio-naturaís e patrimoniaís, así como espertar o
interese por eles: capelas, igrexas, cruceiros, castelos, piornos, fontes,
carballeiras, xardíns árbores senlleiras, camelias, praias, pazos, xentes…
9.- Coñecer a historia dos Concellos, e a súa vinculación co Camiño.
10.- Contribuír
á conservación do Camiño e ó seu entorno, tratando con respecto todo o que
vemos.
Contidos
Traballo
nas aulas:
1.-
Este Proxecto estructúrase a partir dun
breve estudo da historia do Apóstolo Santiago e do Camiño Portugués, dos
aspectos básicos da peregrinación e dos distintos Camiños que en Galicia chegan
a Santiago de Compostela, meta da peregrinación.
2.-
Tamén se fai un percorrido polas distintas etapas do Camiño Portugués desde Tui
a Santiago, describindo o trazado do Camiño e detallando os quilómetros e
perfís de cada etapa así como os lugares de interese, finalizando cunha
programación didáctica que pretende, de modo modesto, apoiar o traballo do
profesorado.
3.- Estes dous aspectos desenrolaránse nas aulas de seis
Colexios de Primaria, un por cada unha das etapas do Camiño Portugués desde Tui
a Santiago. Os alumnos/as serán
preferentemente con idades entre 9 e 12 anos.
4.- Iniciación na construcción de propostas visuais e
audiovisuas co manexo das novas tecnoloxías.
No propio Camiño.
1- Coñecemento da Etapa do Camiño que lle tocou estudar.
2.-Coñecemento dos espazos naturais, xardíns de camelia e
exemplares senlleiros ao longo da Etapa do Camiño que lle tocou estudar.
3.-Utilización de diferentes respresentacions e
expresions artísticas, fundamentaolmente pintura e fotografía.
Nas Salas de Espoxicións:
1.- Expor de maneira ampla o resultado dos seus traballos
aos seus compañeirose aos seus pais,
veciños e peregrinos.
Planificación e participantes
O Proxecto “O Camiño e os espazos naturais para nenos
e nenas”, propónse para a súa realización en
tramos do Camiño Portugués a Santiago desde Tui a Santiago. O Proxecto consta
de catro partes ben diferenciadas:
1.- Traballo na aula coa
participación do Profesorado, Amigos do Camiño, Pintores, Fotógrafos e Especialistas
no mundo natural para dar a coñecer o Camiño de Santiago, a súa historia
e os seus peregrinos e especialmente O Camiño Portugués.
2.- Realización de traballos en grupo nas aiulas,
dirixidas polo Profesorado de cada
Centro, para promover o respeto, a amizade e os principais valores do Camiño
3.-Realización de visitas aos espazos naturais e especies
senlleiras próximos ao Camiño Portugués dirixidas por Especialistas no Espazo
natural.
4.- Realizacion obradoiros de pintura e fotografía en
cada etapa do Camiño Portugués dirixida por un Pintor ou Fotógrafo.
5.-Confección dun Libro-Catalógo donde se recollan as
obras realizadas polos nenos/as., documentadas polos Especialistas, dos espazos
naturais e especies senlleiras coas características de cada un deles.
4.- Realización dunha Exposición, nunha sala Municipal e
aberta a todo o público, en cada un dos Concellos que participaron no Proxecto
donde se exporán os traballos realizados
polos nenos/as. Para este apartado exporemos o Proxecto aos resposables
municipais do Concello a que pertenza o Colexio que participa.
Participantes
COLEXIOS:
Proposta
de Colexios:
Poderánse
cambiar e ampliar os Colexios en
función da disponibilidade
1ª.-Etapa Tui-Porriño: C.E.I.P. de Rebordáns.-Tui
2ª.-Etapa
Redondela-Pontevedra: CEIP Outeiro Das Penas-Cesantes-Redondela
3ª.-Etapa
Pontevedra-Caldas de Reis: CEIP San Martiño-Salcedo-Pontevedra
3ª.-Etapa Pontevedra-Caldas de Reis: CEIP Froebel-Pontevedra
3ª.-Etapa Pontevedra-Caldas de Reis: CEIP Froebel-Pontevedra
5º.-Etapa Caldas de Reis-Padrón: CEIP Alfonso VII - Caldas de Reis
ARTISTAS- PINTORES
Alex Vázquez: Recollecido artísta de
fama internacional e especialista en pinturas sobre a camelia e espazos
naturais
Antón Sobral: Recollecido artista
espeicialista en paisaxes e espazos naturais ao tempo que organizador de
expoosicións
J.María Barreiro: Recolecido pintor de
fama internacional e un dos expoñentes da pintura galega actual
Puri
del Palacio: Recollecida pintora e Directora dunha Academia de pintura en Vigo
Edelmiro
Manuel B.: Profesor de Dibuxo e Pintor
FOTOGRAFO
Xulio
Gil: Artísta fotógrafo, Premio da Critica de Galicia e profundo coñecedor da Arte e dos espazos
naturaís galegos
ESPECIALISTAS EN XARDINS,ESPAZOS
NATURAIS, ÁRBORES SENLLEIRAS E CAMELIAS
Fernando Blanco: Técnico en Xardiñería e Paisaxismo. Viverismo técnico aplicado.. Bonsoi máster. Guía de Parques e Xardíns
Antonio Montes. Cultivador de camelias
ESPECIALISTAS NO CAMIÑO PORTUGUES
Celestino Lores: Presidente dos Amigos
do Camiño, Profesor e Comisarios de Exposicións de Arte
Flora García: Secretaria da Asociación
Amigos do Camiño e Porofesora
Gloria
Blanco: Vocal da Asociación Amigos do Camiño
Jesús
Cortegoso: Vocal da Asociación Amigos do Camiño e especialista en montaxe de
Exposicións
Marisu Gil: Vocal da Asociación Amigos
do Camiño e especialista en montaxe de Exposicións
Merchi Prado: Vocal da Asociación
Amigos do Camiño e Profesora
Pablo
Lamas: Vocal da Asociación Amigos do Camiño e especialista en informática
Pilar Amaro: Vocal da Asociación Amigos
do Camiño e estudiosa dos tramos do Camiño Portugués
Pilar Neira: Vocal da Asociación Amigos
do Camiño e especialista en montaxe de Exposicións
Quique
Torres: Vocal da Asociación Amigos do Camiño e especialista en montaxe de
Exposicións
Actividades
As actividades
desenvolveranse en tres localizacións:
-
Nas propias aulas
-
No propio Camiño, según a etapa que a cada grupo de alumnos/as lle corresponda
-
Na sala de Exposicións
Na aula:
A.- Explicar aos nenos/as por parte do Profesorado en que
consite o Camiño de Santiago e motivalos para que collan interes pola
Actividade.
B.- Charlas informativas aos alumnos/as por parte deo Amigos do
Camiño Portugués, explicando a importancia do Camiño de Santiago a través do
tempo e a súa importancia actual ademais de explicar o traballo desinteresado e
altruista que deselvoveron e deselvolven as
Asociacions de Amigos do Camiño.
C.- Charlas informativas dos Especialistas en natureza relacionando
do entorno natural do Camiño a súa áea
de influencia e destacando a importancia do patrimonio natural e a súa
conservación.
D.- Charlas informativas de pintores e fotográfos sobre técnicas
para o desenvolvemento art´sitico das actividades.
E.- Estudo das actividades económicas, sociais, patrimoniais,…
derivadas do Camiño e dirixidas polo Profesorado
F.-Busqueda de información sobre o Camiño e os peregrinos en internet e nas redes sociais
G.- Situación xeográfica. Elaborar un mapa do Camiño Porugues
desde Tui a Santiago e destacar a etapa que lle corresponde traballar a cada
grupo, mencionando os lugares, os monumentos, as fontes, a presencia de
albergues e os aspectos naturais que se
poden atopar.
H.- Traballos en grupos, elaborando carteis ou outro material
didáctico con slogans para concienciar da necesidade de coidar o Camiño.
No Camiño:
1.- Traslado ao Camiño , en
conccreto ao punto que indique o Artista para facer o Obradoiro de Pintura ou
fotografía. Nestes obradoiros os nenos/as provistos de caballetes, lienzos,
pinturas e cámaras fotográficas(según a técnia a utilizar), plasmarán a súa
peculiar visión do Camiño, todo elo dirixido polo Artista.
2.- Visita aos espazos naturias
elexidos acompañados polos Espeicalistas quenes expliacarán as caracteristicas
de esos espazos e das especies mais significativas e esos elementos senlleiros.
Os alumnos tomarán notas para a realización dos traballos dirixidos polos
especialistas.
(Achéganse mapas coa localización dos posibles espazos naturais, árbores
senlleiras e parques a visitar,
sinalando a importancia de cada un deles.)
3.- Interrelación coas xentes e
peregrinos do tramo do Camiño que lle tocou estudar facendo preguntas sobre
diferentes aspectos como (importancia do Camiño, necesidades, lugares de
procedencia dos peregrinos, inicio do Camiño,motivación, etc) co obxetivo de
que as nenas e nenos coñezan o sentido do Camiño e os seus valores.
4.- Elaboración de unpequeno
docmental ou cortometraxe sobre as experiencias e a aparendizaxe adquirida nas
aulas e nos espzaos visitados do Camiño.
Na Sala de Exposicións:
-
En cada Concello solicitarase unha
Sala de Expsoicións para a presentación dos traballos (pinturas e fotografías,
carteis, documentais, etc) mais relevantes de todos os particiantes. Estas
exposicións poderán ser visitadas polos demais compañeiros dos Colexios
participantes, polos pais e nais dos nenos/as e polos veciños e peregrinos da
localidade donde se expoña.
-
Proxección do video-documental(recopilacion
de todos os traballo feitono Proxecto) realizado coa colaboración dos nenos e
nenas.
Temporalización e Continuidade
O Proxecto “O Camiño e os espazos naturais
para nenos e nenas”,
realizarase nos meses de Abril, Maio, Xuño, Setembro e Outubro. Os horariose calendarios especificos para os
traballos de aula e saídas ao Camiño estudiaranse e consensuaranse co
Profeosrado de cada Centro.
Para as saídas do Centro
solicitarase a correspondente autorización dos Pais e Nais dos alumnos
O Proxecto “O Camiño e os espazos naturais para nenos e nenas” repetirase no vindeiro ano 2020 con outros
Colexios.
Seguimento e evaluación
Por parte da Asociación de Amigos do
Camiño Portugués a Santiago crearase unha Comisión de seguimento e avaliación. Esta
Comisión estará formada por Profeosres, Amigos do Camiño, Artistas e
Especialistas en Natureza.
A Comisión reunirase ao inicio do
Proxecto e unha vez cada mes para o seguimento e coordinación do traballo
realizado.
Desenvolverase unha avaliación formativa, é dicir, un seguimento
continuo do camiño co correspondente anecdotario:
-Posta en común sobre o percorrido.
-Cuestionario de campo ao final de
cada etapa sobre dúbidas xurdidas no Camiño que se reflectirán no anecdotario.
-Cambios oportunos si estes fosen precisos.
Actos de Clausura
Ao finalizar o Proxecto “O Camiño e os
espazos naturais para nenos e nenas” farase nun Auditorio de cada un dos
Colexios participantes un Acto de Clausura no que se entregará unha lembraza a
cada participante e a cada Colexio.
Para este Acto pretendemos contar tamén cos responsables
Municipais de cada Concello.
…………………………………………………………………………
Pontevedra, Febreiro de 2019
Celestino Lores Rosal
Presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a
Santiago